En que consiste o deporte da orientación?
O deporte de orientación é unha práctica deportiva na que cada participante realiza un percorrido individual ou colectivo cronometrado, con axuda dun mapa e dun compás, e na que tes que atopar os puntos marcados no mapa.

Os mapas de orientación
Son mapas topográficos a escala onde se representan as curvas de nivel e outra simboloxía como a vexetación, camiños, peches, etc. Ademais no mapa represéntase sempre unha saída, unha chegada e os diferentes controles polos que teñen que pasar os corredores. Cada participante pode elixir a súa propia ruta para ir dun control a outro.
_JPG.jpg)
Os controis e balizas
Os controis aparecen sinalados no mapa cun círculo de cor púrpura. No terreo aparecen como un prisma triangular coas tres caras laterais de cor laranxa e branco. Estes prismas reciben o nome de balizas e nelas sitúase unha estación ou base de control onde cada corredor introduce unha pinza cun chip electrónico que o identifica.

O compás ou "brújula"
Grazas ao compás é posible orientar o mapa de orientación, o que nos permitirá saber que dirección deberemos tomar e situarnos con respecto a todos os accidentes do terreo, para deste xeito trazar rumbos dende un control a outro. Neste deporte empréganse compases transparentes con limbo móbil que se sitúan sobre o mapa ou ben compases de dedo.


Modalidades deportivas
As tres modalidades de orientación máis practicadas en Galicia son a orientación a pé (O-Pé), a orientación en bici (O-BM) e a orientación presisa (O-Precisión).
Tanto na O-pé como en O-BM existen dous tipos: en liña (onde todos os controles se teñen que visitar en orde) e escore (onde se poden visitar os controles en orde libre).