Escola de orientación "Con...pasiños"
Un dos obxectivos do Club Orientación Compás e promover o deporte da orientación entre os máis pequen@s coa finalidade de mellorar as súas cualidades innatas de orientación ou para preparalos para as diferentes probas deportivas. Con esta finalidade, creamos a escola de orientación "Con ... pasiños" na que fomentamos a práctica deportiva entre a xente máis nova, garantindo ao mesmo tempo que adquiran outros valores como o compañeirismo e o respecto pola natureza. Os entrenamentos teñen lugar os fins de semana no Monte Segade e no casco urbán de Lugo.
Se queres probalo ou traer aos teus fillos e fillas ponte en contacto con nós para informarte do lugar e a hora á que se realizarán os entrenamentos. Porén, se es adulto e queres iniciarte neste deporte tamén serás benvid@.
Descarga o noso cartel da escola de orientación "Con...pasiños"