top of page
Outubro 2024
O CLUBE COMPÁS SUBCAMPIÓN DA LIGA ESPAÑOLA DE MTBO-2024 !!!
O noso clube proclamouse subcampión da liga española de MTBO no 2024. Moi agradecidos o esforzo dos nosos corredores por lograr este grande reto. Moitos parabéns a todos.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN 2024 !!!
Concepción González Bello acadou 3 medallas nos campionatos de España de orientación 2024 disputados en Guadix (Granada) e Puebla de Don Rodrigo (Ciudad Real) en outubro. Dúas das medallas foron na modalidade de relevos mixtos (ouro) e clásicos (bronce) e a terceira na distancia longa (plata).
 
Setembro 2024
CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO 2024 !!!
Os nosos corredores Sofía Martinez e Nicolás López foron seleccionados para representar a España no Campionato do Mundo de MTBO (WMTBOC polas súas siglas en inglés) en Shumen, Bulgaria. As probas transcurriron do 10-15 Setembro 2024. O equipo de Sofía Martínez logrou un cuarto posto na proba de remudas e Nicolás López tamén realizou un gran campionato logrando estar entre os 10 primeiros clasificados da súa categoría.
Maio 2024
CAMPIONATO IBÉRICO DE MTBO 2024 !!!
Os días 4 e 5 de Maio 2024 celebrouse o CIMPOR Bairrada "O" Meeting en Coimbra, Portugal. Os nosos corredores acadaron excelentes resultados nas distintas modalidades

Sprint: Lía Rodríguez (ouro, D15), Sofía Martínez (plata, D20), Nicolás López (ouro, H20), Sonia Gómez (ouro, D50) e Francisco Varela (ouro, H60).

Media: Lía Rodríguez (ouro, D15), Noa Rodríguez (prata, D17), Sofía Martínez (prata, D20), Nicolás López (ouro, H20), Rodrigo Rodríguez (ouro, H40), Sonia Gómez (ouro, D50) e Francisco Varela (ouro, H60)

Longa: Lía Rodríguez (ouro, D15), Noa Rodríguez (prata, D17), Sofía Martínez (ouro, D20), Nicolás López (ouro, H20), Rodrigo Rodríguez (prata, H40), Sonia Gómez (ouro, D50) e Francisco Varela (ouro, H60).

O Compás conseguiu a segunda posición coa suma dos resultados dos tres eventos.

Abril  2024
PLENO NO XXVIII TROFEO MARTIN KRONLUNG !!!
Os días 27 e 28 de Abril 2024 celebrouse o XXVIII Trofeo Martin Kronlung en las Navas del Marqués, Ávila. Os tres corredores que participaron no trofeo, Sonia Gómez, Concepción González e Francisco Varela, acadaron a medalla de bronce nas súas categorías.
CLUB DE ORIENTACIÓN COMPÁS - SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE MTBO 2024 !!!
O pasado 20 e 21 de Abril 2024, o Club de Orientación Compás proclamouse subcampión de España no Campionato de España de MTBO 2024, que estivo ao cargo da Federación Extremeña (FEXO) e o Club Alcor o pasado .
O Club Orientación Compás proclamouse subcampión no Campionato de España de MTBO 2024, que estivo ao cargo da Federación Extremeña (FEXO) e o Club Alcor.
Os nosos corredores lograron unha chea de medallas:

Na modalidade de SPRINT: (1) Ouro para Sofía Martínez (F20), Sonia Gómez (F50) e Francisco Varela (M60); (2) Prata para Lía Rodríguez (F15)
Na modalidade de DISTANCIA LONGA: (1) Ouro para Lía Rodríguez (F15), Sofía Martínez (F20) e Francisco Varela (M60); (2) Prata para Sonia Gómez (F50) e Rodrigo Rodríguez (M40).

Na modalidade de DISTANCIA MEDIA: (1) Ouro para Sofía Martínez (F20) e Sonia Gómez (F50); (2) Prata para Lía Rodríguez (F15) e Francisco Varela (M60)
CAMPIONATO GALEGO DE RAIDS DE AVENTURA E ORIENTACIÓN 2024 !!!
O equipo de aventura mixto formado por Rodrigo Rodríguez e dous corredores do clube Pasatempo proclamáronse Campións galegos de Raids de Aventura e Orientación 2024 nunha proba organizada por el club Gallaecia Raid nas Pontes, A Coruña.
 
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ULTRASCORE-ROGAINING !!!
O pasado sábado 13 de Abril 2024, Sonia Gómez Naya proclamouse, xunto con Claudia Oreiro Chapela do clube Gallaecia, subcampiona de España de orientación modalidade Rogaine na categoría de vetarans feminino. A proba de 8 h disputouse na comarca dos pinares de Soria, nas localidades de San Leonardo, Casarejos e Navaleno, e foi organizada polo clube Navaleno-O.
Moitos parabéns a este magnífico equipo, en especial a corredora do noso clube, Sonia Gómez, que ademais é a Presidenta da Federación Galega de Orientación
Novembro 2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONES AUTONÓMICAS DE RAID DE AVENTURA 2023 !!!
O 18 de Novembro alguns dos corredores do club Compás participaron no Campeonato de España de Seleccións Autonómicas de Raid de Aventura (CESAR 2023) que tivo lugar na comarca do valle de Ambroz, Extremadura. Os nosos corredores acadaron excelentes resultados, destacando:

1º posto - equipo Xuvenil no que participaba Sofía Martínez

2º posto - equipo Ardelucusadventure composto por Lia e Rodrigo Rodríguez


CAMPIONATO GALEGO DE ORIENTACIÓN MTBO DISTANCIA MEDIA E SPRINT A PÉ 2023, SEGUNDA ETAPA
O 11 Novembro celebrouse o campeonato galego  de orientación MTBO de distancia media e sprint na Cortella, Coirós, A Coruña. Os nosos corredores acadaron bos resultados, destacando:

Distancia media e sprint

1º posto: Sofía Martínez, F20; Sonia Gómez, F40; Francisco Varela, M50

2º posto: Lía Rodríguez, F15; Roberto Amarelle, M21

3º posto: José M. Fernández, M50

Outubro 2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ 2023, SEGUNDA ETAPA
Do 21-22 de Outubro unha boa representación dos corredores do club Compás desprazáronse a localidade de Hoyo de Pinares (Ávila) para participar na segunda etapa do Campionato de España de Orientación a Pé 2023, que reuniu a máis de 1600 deportistas e estivo organizado polo Club Máximus. Os nosos corredores acadaron bos resultados, destacando os segundos postos de Sofía Martínez (F18E) e Concepción González (F55) na modalidade de sprint. Na modalidade Relevos Clásicos, o equipo de veterans no que participaba Concepción González logrou o 3º posto.

Abril 2023
SOFÍA MARTÍNEZ e NOA RODRÍGUEZ TRIUNFAN NO CAMPEONATO EUROPEO DE MTBO 2023

Sofía Martínez e Noa Rodríguez representaron a España no Campeonato Europeo de MTBO que se celebrou en Portugal do 25 ao 29 de abril. Sofía Martínez proclamouse cuarta de Europa na categoría W20 na distancia sprint. Nas Remudas, o equipo formado por Noa Rodríguez e as súas compañeiras acadou a cuarta posición en W17; mentres que o conxunto no que participou Sofía Martínez foi quinto en W20.

TROFEO ARAGÓN ORIENTACIÓN, SIERRA DE ALBARRACÍN 2023

Concepción González Bello proclamáronse subcampioa no Trofeo Aragón Orientación 2023 que se celebrou do 29 Abril o 1 Maio na serra de Albarracín.

Marzo 2023
O COMPÀS ARRASA NO III TROFEO COSTA CÁLIDA MTBO 2023

O 1 e 2 de Marzo 2023 celebrouse o III Trofeo Costa Cálida MTBO 2023 e 2º proba da Liga Española desta disciplina, en Calasparra, consistindo en tres probas, media, longa e sprint. Os nosos corredores acadaron sobresaíntes resultados nas distintas categorías nas que participaban, destacando os podios acadados na clasificación global por:

1º posto: Lía Rodríguez, F15

2º posto: Sonia Gómez, F40

3º posto: Noa Rodríguez, F17

bottom of page